Como a terra escribiu Galicia
"Antes de existir os versos dos poetas, existiron os versos do arado."
Ramón Otero Pedrayo empregou a expresión "xeometría do arado" para describir unha forma de comprender o mundo que non nace nos despachos nin nas academias, senón no contacto directo coa terra. Unha xeometría viva, construída suco a suco, estación tras estación, xeración tras xeración.
Quizais esa expresión conteña unha das claves máis profundas para comprender Galicia.
Porque o arado non servía unicamente para cultivar. Servía para ordenar o territorio, para relacionar a comunidade coa natureza, para garantir alimento e para transmitir unha cultura. O arado convertía a paisaxe nun texto.
A palabra latina versus, da que procede o noso "verso", designaba precisamente o xiro que realizaba o arado ao rematar cada suco. Cada volta iniciaba unha nova liña. Cada liña era un novo verso escrito sobre a terra.
Antes da literatura, existiu a escritura do territorio.
© Carlos Sánchez-Montaña. 2026


Comentarios
Publicar un comentario